1. Condicións xerais de uso do sitio web interritmos.deloa.es

Asociación de Desarrollo Local DELOA (de aquí en diante Asociación de Desarrollo Local DELOA) con domicilio en Esclavitude, s/nº Sta. María de Cruces, 15980 Padrón con CIF G15817935 pon a disposición no seu sitio web deloa.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Asociación de Desarrollo Local DELOA por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web deloa.es en todas e cada una das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se teña producido esta aceptación.

Asociación de Desarrollo Local DELOA está Inscrita co nº 005741 na sección primeira do Rexistro Provincial de Asociacións.

O acceso ao sitio web de Asociación de Desarrollo Local DELOA implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non empregar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA. Condicións de acceso e uso

1.1.-A utilización do sitio web de Asociación de Desarrollo Local DELOA non conleva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en deloa.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos tódolos actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente Asociación de Desarrollo Local DELOA prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que podan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de Asociación de Desarrollo Local DELOA ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (“spaming”) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).

1.2.- Asociación de Desarrollo Local DELOA poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta

SEGUNDA. – CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- Asociación de Desarrollo Local DELOA empregando fontes internas e externas de tal modo que Asociación de Desarrollo Local DELOA unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- Asociación de Desarrollo Local DELOA reservase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA

DELOA é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca DELOA, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso de Asociación de Desarrollo Local DELOA. Quedan reservados tódolos dereitos. Ademais, o sitio web de Asociación de Desarrollo Local DELOA -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Asociación de Desarrollo Local DELOA

CUARTA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados da Coruña renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

QUINTA

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e se interpretarán tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Asociación de Desarrollo Local DELOA poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Asociación de Desarrollo Local DELOA.

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A Asociación de Desarrollo Local DELOA na súa condición de responsable de tratamento, informa que os datos recabados no sitio web serán tratados conforme a lexislación en materia de protección de datos, e particularmente conforme ao disposto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril.

finalidade do tratamento é a de xestionar os contactos da entidade, o que inclúe o envío de información, resolución de consultas, petición de información ou calquera cuestión relacionada coas actividades da Asociación.

As categorías de datos que serán incluídos nos ficheiros pertencentes á Asociación corresponderán a datos de identificación, enderezos postais ou electrónicos. Estes datos serán tratados durante o tempo que dure a relación establecida coa entidade ou até que Vd. exercite os seus dereitos de baixa ou supresión.

DELOA cumpre coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, comprometéndose a respectar a súa confidencialidade e a empregalos de acordo coa finalidade descrita, estando lexitimada polo consentimento que expresamente nos outorga ao aceptar estas condicións. Este consentimento pódeo retirar Vd. en calquera momento, sen que elo afecte á licitude do tratamento con carácter previo á súa retirada.

Os seus datos non serán transferidos nin cedidos a terceiros fóra dos casos expresamente previstos en materia de protección de datos ou baixo o seu consentimento expreso.

Infórmaselle que pode exercitar os seus dereitos de acceso aos datos, rectificación ou supresión, limitación do seu tratamento, oposición ao mesmo, así como a portabilidade dos seus datos, dirixíndose á Asociación de Desarrollo Local DELOA, Esclavitude, s/nº Sta. María de Cruces, 15980 Padrón (A Coruña), ou ao enderezo de correo electrónico deloa@deloa.es, aportando fotocopia do seu DNI.

Infórmaselle tamén que ten dereito a presentar a correspondente reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos

Financian:
Organiza:
07_DELOA NUEVO

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2020

Todos os dereitos reservados