OS MONIFATES
Venres 18 de Setembro 2020 – 20:00
Praza do Curro. Noia
Asistencia até completar aforo. Máis información en deloa@deloa.es ou chamando ao 981 817 000
MILLO MIÚDO
Sábado 19 de Setembro 2020 – 13:30
Alameda. A Pobra do Caramiñal
Asistencia até completar aforo. Máis información en deloa@deloa.es ou chamando ao 981 817 000
AILÁ
Sábado 19 de Setembro 2020 – 20:00
Centro Social Abanqueiro. Boiro
Asistencia até completar aforo. Reservas en reservacultura@boiro.gal.
CONCURSO DIRIXIDO A SOLISTAS E GRUPOS, COMPOSTOS POR UN MÁXIMO DE 8 INTEGRANTES, DEDICADOS Á MÚSICA TRADICIONAL OU QUE BEBAN DA MÚSICA DE RAÍZ.

Interritmos evoluciona nesta edición para adaptarse á actual situación das artes escénicas ao vivo. Baixo o título “Sons no Rural”, este concurso organizado pola Asociación de Desenvolvemento Local DELOA, leva á rede o formato concurso que en anteriores edicións se desenvolvía ao vivo nas prazas das vilas do seu territorio de acción. Sen embargo, non esquecemos a importancia de desfrutar da música en directo, polo que o premio para as 3 propostas gañadoras inclúe a gravación dun tema e un videoclip nun estudio profesional e a celebración dunha actuación en directo nun dos concellos do territorio de acción de DELOA (Comarcas do Barbanza, Sar, Noia e o Concello de Muros).
Poderás participar como solista ou grupo de até 8 integrantes (legalmente constituído) subindo un tema de corte tradicional ou de raíz, á plataforma que habilitaremos nesta web do 30 de xullo ao 20 de agosto de 2020.
PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL
Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos).
En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.
FASES DO CONCURSO

30/07/20 – 20/08/20
FASE FINALIZADA

21/08/20 – 03/09/20
FASE FINALIZADA
PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL
Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos).
En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.
Comparte Interritmos nas túas redes sociais.
Financian:
