INTERRITMOS: SONS NO RURAL ACHEGA A OPORTUNIDADE DE GRAVAR NUN ESTUDO PROFESIONAL A GRUPOS E SOLISTAS DE MÚSICA TRADICIONAL OU DE RAIZ

Cubre o formulario de inscrición e presenta un tema de música tradicional ou de raíz a través da plataforma web.
O prazo de inscrición estará aberto desde as 12:00 pm do 30 de xullo até as 14:00 pm do 20 de agosto.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o noso xurado profesional seleccionará as 3 propostas gañadoras.

PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL

Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos).

En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.

XURADO

pablo-diaz

Pablo Díaz

Músico e investigador etnográfico

olga-kirk

Olga Kirk

Mestra e investigadora de música e baile tradicionais

miguel-sotelo

Miguel Sotelo

Bailador e mestre

PREGUNTAS FRECUENTES

A grupos de ata 8 integrantes e solistas de música tradicional ou de raíz.

Podes presentar a túa proposta a través do formulario na web interritmos.deloa.es entre o 30 de xullo e o 20 de agosto.

No caso de grupos nos que algún dos seus membros sexa menor de idade, poderán presentar a súa candidatura sempre que se trate de grupos integrados na súa maioría por persoas maiores de idade, na que o integrante designado representante do grupo solicitase os consentimentos preceptivos dos pais, nais ou titores dos menores.

Non, só poderá haber unha participación por solista ou grupo.

Para participar, cubre os datos do formulario de participación e copia o iframe de SoundCloud dun dos vosos temas e pégao no formulario de inscrición da plataforma Interritmos. Como o fago?

Cada unha das 3 propostas gañadoras gravará un tema e un videoclip nun estudo profesional de gravación e realizará unha actuación en directo nun dos concellos do territorio DELOA.

Lin e acepto os termos e condicións

Financian:
Organiza:
07_DELOA NUEVO

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2020

Todos os dereitos reservados